domingo, agosto 13, 2006

IDENTIDADE GALEGA REINCIA A SUA ACTIVIDADE POLITICA



IDENTIDADE GALEGA REINCIA A SUA ACTIVIDADE POLITICA
Tras un periodo de colaboración có Partido Galeguista, Identidade Galega (IDEGA) volta a actividade politica en solitario. Idega abandona a súa colaboración có Partido Galeguista debido a diverxencias ideolóxicas que impiden un traballo político conxunto na mesma organización.

As diverxencias refirense fundamentalmente o concepto de Identidade Galega, e respecto o problema da inmigración , temas que Idega considera claves e fundamentais no momento social e político actual.

Idega reitera a sua oposición a politica do actual goberno de “portas abertas” a aqueles que violando as leis españolas entran no país e se benefician de beneficios sociais que pagamos todos.

Idega anuncia a súa intención de presentar candidaturas ás vindeiras eleccións municipais.

A Coruña 11-6-2006 Identidade Galega